Doce pequeno de chocolate que pode estar ou non cheo de licor, crema ou outros ingredientes
Etimoloxía
Préstamo do francés bonbon ‘doce á base de azucre’, formación onomatopea creada na linguaxe infantil: bon, bon!.
Exemplos *
“A rapaza colleu outro bombón da caixa.
-¿Estarán contentos, non? -preguntou, referíndose ó novo fillo que agardaban os Portela e que xa avultaba no ventre de Merce.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela/ As falsas acacias, 1997)
“Déalle algún bombón a Seoane -díxolle o Guti, ollando para a caixa media baleira- que aínda está medrando.” (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.