Calidade das persoas que as impulsa a ser boas cos demais e a facer o ben
Etimoloxía
Palabra que procede do latín bonĭtas, -ātis de significado semellante.
Exemplos *
“Educar na bondade significa transmitir unha mensaxe universal que Einstein condensou na seguinte frase: "Só unha vida que é vivida para os outros é unha vida que merece ser vivida".” (Juana Vera [entrevista]: Luzes, 1-2016)
“Canta inmensa bondade apertada nun corazón tan pequecho! E que sublime beizón a ignorancia de ser tan perfecto!” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.