Peixe da familia dos escómbridos de corpo alongado, tamaño grande e xeralmente de cor azul escura prateada, que se come fresco ou en conserva e do que existen varias especies.
Etimoloxía
Proponse como étimo unha forma boniton do baixo latín.
Exemplos *
"A porta da despensa estaba aberta, el non se parou a comprobar se quedaban espárragos, pero o certo é que alí había unha lata de espárragos, varias de melocotóns, varias de piña, varias de sardiñas en aceite, bonito, mexillóns." (Xosé Cid Cabido: Días contados)
"… se á xente lle dese igual o tipo de aceite, escribirían na etiqueta soia no canto de aceite vexetal, e se lle dese igual xarda que bonito, pintarían unha xarda na lata." (Marilar Aleixandre: A compañía clandestina de contrapublicidade)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.