Título emitido por unha entidade financeira ou polo Estado, para a obtención de capital
Etimoloxía
Termo que se relaciona co adxectivo latino bonus, -a, -um, pero que entra desde o francés bon ‘bo.
Exemplos *
“Este tipo de contratos _ou obrigas_ atraen cada vez a un número crecente de especuladores financeiros e investidores, xa que os seus beneficios poden ser máis atractivos en relación a como se comportan os de accións e bonos.” (Marga Tojo: Galicia Hoxe, 4-3-2011)
“Pero aí queda toda unha fortuna en Letras do Tesouro, en bonos, en accións, en branco e en negro, en negocios prósperos e en débedas que non será necesario pagar, porque son débedas do corazón, que morrerán comigo.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.