Pequena ferida que se forma na comisura dos labios.
Etimoloxía
Sobre o substantivo boca engadimos unha terminación -eira que indica enfermidade.
Exemplos *
"Os que tardaban en acertar amañecían cheos de boqueiras e quenturas nos labios." (Mª Xosé Queizán: A semellanza)
"Inmediatamente apareceu un tropel de frades, algúns limpando os fociños e outros con boqueiras e bigotes e barba cheos de chocolate" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.