borracho -a

Que está baixo os efectos do alcohol.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa orixe, que se considerou relacionada co latín burrus –a –um ‘avermellado’.

Exemplos *

“Parouse no medio do bar, deu tres pasos de borracho, levou as mans ao peito e caeu redondo.” (Carlos Casares: Vento ferido)

“Nada de berros nin barullos. Coñezo ben o choio. Nin sequera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai, meu Deus, ai, meus filliños, ela ben sabe.” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.