borrallento, -a

Que está cheo de borralla

Etimoloxía

Voz derivada que se forma sobre “borralla” que vén da palabra latina burra ‘la basta’.

Exemplos *

“O calendario festivo ten o seu comezo no domingo de septuaxésima denominado fareleiro ou borrallento. Nese día saen os novos levando unha taleiga chea de fariña ou de cinza con que tentan emborrallar a cara ou as roupas dos que encontran (...) tratando de tinguir o máis posíbel.” (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros, 1993)

“Do Domingo Fareleiro ou Borrallento ao Martes de Entroido, pasando polo Xoves de Compadres, o Domingo Corredoiro ou Oleiro, o Xoves de Comadres e o propio Domingo de Entroido. Esmorga asegurada!!” (Ruth Fernández: Galicia Digital, 4-3-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.