Conxunto espeso de árbores, arbustos e outras plantas dun bosque
Etimoloxía
Voz derivada que nos leva ao catalán bosc de significado semellante.
Exemplos *
“Preto dunha hora de andadura entre fragas, carrasqueiras, castañais e boscaxes varias, que a Sancho lle pareceu un século, porque ademais ía frío sobre todo cando atopaban e cruzaban algún neveiro.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)
“Notara unha presencia, alí, a carón deles. Pero no bosque non había máis que o regato, as árbores e o silencio entre as sombras. Volveuse e observou que Justin tamén estaba mirando ó interior da boscaxe.” (Carlos Vila Seco: Cara á fin da luz, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


