Monte poboado de árbores
Etimoloxía
Palabra de orixe incerta. Crese que está relacionada co equivalente catalán e occitano bosc de significado semellante.
Exemplos *
“Residuos de todo tipo amoreados nun espazo natural protexido e único do bosque atlántico. Iso foi o que atoparon comuneir@s da parroquia eumesa de Ombre que descubriron as arredor de 200 toneladas de desperdicios que se acumulan desde 1987 no Parque das Fragas do Eume.” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 24-7-2014)
“Pero nunca tivo a máis mínima oportunidade de ver o mar, nin sequera de saír de Vilabouta, unha localidade demasiado profunda, demasiado enterrada nas montañas e nos bosques de Galicia.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.