Personaxe do Entroido, orixinario de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, de traxe colorido e actitude brava, cuxo cometido é acompañar e abrirlles paso aos folións
Etimoloxía
Voz propia do Entroido de Viana do Bolo de incorporación ao Dicionario recente de orixe incerta.
Exemplos *
“Tempo de boteiros de Viana do Bolo, de madamas e galáns de Cobres, de cigarróns de Verín, de pantallas de Xinzo, do Oso de Salcedo... chegan os días grandes do entroido, que en moitas vilas do país leva celebrándose desde xornadas atrás.” (Redacción: Sermos Galiza, 8-2-2018)
“O entroido de Viana do Bolo é considerado como un dos máis ancestrais da Galiza polas súas figuras características destas datas, que toman a súa máxima expresión no boteiro.” (Laura R. Cuba: Sermos Galiza, 8-2-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


