botelo

Embutido feito co estómago ou co intestino groso do porco, enchido de costela de porco picada e adubada con allo, pemento e sal, e despois curado.

Etimoloxía

Vén do latín vulgar bottelus, procedente da forma do latín clásico botulus 'tripa'.

Exemplos *

"As dúas Marías máis vellas subían nese momento o compango, o touciño, o botelo, os chourizos, as patacas cocidas e a cachola." (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia)

"Eu mesma puxen a desalgar a cachucha, o óso de soá que pasei antes por dúas augas para tirarlle o sal gordo, as uñas, os garavanzos, e entre todos, alegremente, de alí a dous días, compuxemos un cocido con estas viandas, chourizos, botelos e grelos …" (Xesús Valcácel: Matar o tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.