Persoa preparada cientificamente para facer medicamentos e para dirixir unha farmacia
Etimoloxía
Termo derivado que toma como base “botica” que toma como orixe o grego bizantino apotheke ‘depósito’ ou ‘armario’.
Exemplos *
“Polo lugar de venda do unto espallouse a crenza de que un certo número de sacaúntos eran boticarios que utilizaban esta substancia para prepararen os ungüentos.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)
“Porque en Milladoiro hai de todo. Poderían ser a xuntanza das forzas vivas se habitasen no mesmo lugar: O médico, o boticario, o mestre... faltaría o cura, pero Méndez, o frautista, ten pinta de crego e, de feito, traballa co Padre Calo, un eminente musicólogo, en Compostela.” (Carlos Blanco Vila: Tempos Novos, 6-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.