botín

Conxunto de obxectos que se collen ao inimigo vencido nunha guerra / Conxunto de obxectos que se obteñen por medio do roubo ou calquera outro medio violento

Etimoloxía

A orixe da palabra podémola situar no occitano botin e este termo bebe do xermano *bytin 'presa'.

Exemplos *

“Chega a noticia de que o almirante George Rooke, despois dunha derrota terrible en Cádiz, acaba de lograr en Vigo unha vitoria sen precedentes. Destruíu a mellor escuadra de guerra do Rei Sol e apresou o maior botín que xamais cruzase os océanos.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2-2015)

“Cos agora compañeiros e antes inimigos piratas intentei se-lo máis honrado posible, e expliqueilles _á miña maneira, xaora_, o esencial da situación. Ou quedaban aquí coa capitana e ían pensando en buscar unha leira para cultivala e para manter algúns animais, que aquí non había botíns para dous barcos, ou pensaban en voltar á vida de antes, para o que o Vintollos supoñía a mellor opción.” (J. Daniel Buján Nuñez: A pirata Penamoura, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.