bouza

Terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces etc.

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe no latín vulgar *baltea que bebe no clásico balteus ‘bordo que cingue’.

Exemplos *

“A testa de «Manzaneda» / fuma o tabaco das bouzas, / e ata o ceo bota chamas / e fume pola cachopa.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Cousas das serras”, Cantarenas, 1981)

“Empezou a caer unha chuvascada coa forza do diaño, unha desas tormentas de abril que irrompía con toda a furia da Natureza. A chuvia formaba carreiros de auga entre a bouza, e corría como unha serpe sibilante entre os meus pés.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.