Mover repetidamente os brazos para facer un sinal, ao nadar etc.
Etimoloxía
É un derivado de brazo, que vén do latín brachium, -ii, de ascendencia grega.
Exemplos *
"A auga estaba fría, cortaba, pero logo de mollar os pés, botouse nunha carreira sen pensalo máis e emprezou a bracear con forza …" (Xosé Manuel Martínez Oca: A negra)
"Non era un nadador, mais o instinto forzouno a rebulir, a bracear cara a liña onde o mar xogaba coas algas." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.