Son agudo ou palabras emitidas con forza e en voz alta a causa do terror, medo, dor etc.
Etimoloxía
Substantivo que procede do verbo “bradar” e este está relacionado co latín balatro, termo inxurioso.
Exemplos *
“Un desalmado (...) colleume de improviso (...). De nada serviu a miña resistencia desesperada, de nada valeron as miñas súplicas, os meus brados. Ninguén me socorreu naquel transo extremo.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
“...desde o comezo do monte, soou un brado pavoroso. Unha muller loira corría axitando os brazos como aspas contra o ceo, pronunciando un nome case imperceptíbel polo acento estranxeiro. Aquel alarido terríbel provocou a momentánea distracción de Beltrán.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.