brañal

Terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo

Etimoloxía

Palabra que toma como base “braña” que procede do latín vulgar veranea que vén do clásico veranu que significa ‘verán’.

Exemplos *

“O brañal, desde as alturas, semellaba unha tenebrosa masa arbórea enchoupada por mil regueiros e pequenas lagoas de auga remansada.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“-Mañá cediño, cando leve o armentío ó brañal, xuntarei acendalla no bravádego pra faguer unha lumeirada, quentareino nas brasas e...papareino envolto nun codecho de bica.”  (Manuel Roel Longueira: Contos e poemas dun autor ignorado, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.