brancellao

Variedade de uva tinta, doce e saborosa, que se cultiva no Ribeiro e outras comarcas de Galicia / Viño que se obtén desta uva.

Etimoloxía

Apúntase que a orixe do nome estea nunha suposta forma latina *brancea ‘ramallada’.

Exemplos *

“Facíase coas uvas de sempre como a treixadura, a brancellao, a albariña ou as de verdello vello, a cepa común dos viños de Madeira, que agora non se planta.” (Fausto Galdo: O abecedario das mantenzas)

“Trátase dun viño plurivarietal: Brancellao, Ferrol, Caíño longo e Caíño redondo.” (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego 30-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.