Calidade do que é branco
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o vocábulo “branco” que chega á lingua desde o xermánico *blank.
Exemplos *
“Aqués que ten fama de honrados na vila, / roubáronme tanta brancura que eu tiña; / botáronme estrume nas galas dun día, / a roupa de cote puñéronma en tiras.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“Mais o pai-cazador retirábase ao despacho e, roubándolle horas ao sono, escribía no diario cos finos trazos da estilográfica, esvarando sobre a brancura da páxina, desvelando na escrita o que os seus labios non saberían dicir.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


