brandy

Bebida alcohólica que se obtén da destilación do viño

Etimoloxía

Préstamo do inglés brandy que é a redución da expresión branywine que remite ao holandés brandewijn ‘viño queimado’

Exemplos *

“Colleu un ansiolítico do neceser e unha botelliña de brandy do moble bar, a falta doutra cousa, amañouse co vaso de lavar os dentes.” (María Xosé Lestón Castelo: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / O Carteiro), 2011)

“Boteille un par de troncos á cheminea , avivei o lume e servín un chisco máis de brandy para os dous, apreciando que o viño da cea e mais a copa que xa tomaramos me producía un agradable e brando sopor.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / A rapaza do bikini verde, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.