Que ten as cores branca e azul.
Etimoloxía
Composto no que se combinan os adxectivos branco (do xermánico blank 'branco' ou tamén 'brillante') e azul (do árabe, probablemente dunha forma lazurd, orixinada a partir de lazaward, que era o nome do lapislázuli e da cor).
Exemplos *
"… engrandecía o espírito do finado, aínda que o finado levase no seu corazón unha coroa de sinxelas cores branquiazuis clariñas, ou mesmo non levase ningunha." (Alfredo Conde: O Correo Galego 29-05-1999)
"Unha sensación idéntica á que te embarga cando visualizas os xigantescos e luminosos ceos branquiazuis que tan marabillosamente describira Boris Leonidovich (no Doutor Zhivago)." (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.