Porción de materia combustible que se mantén acesa pero sen chama
Etimoloxía
Voz de orixe discutida, quizais do latín tardío brasam ‘carbón’.
Exemplos *
“Os contos escoitados a carón do lume, que as avoas ou as serventas da casa nos contaban entre luscofusco, despois de cear, á calor das brasas da lareira.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Preparamos as brasas no xardín, ía unha boa tarde a pesar de albiscarse nubes de tormenta no horizonte.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.