bravo, -a

Que vive en liberdade, sen domesticar / que nace espontaneamente ou sen enxertar

Etimoloxía

Palabra que se cre que podería proceder do latín barbărus 'bárbaro', 'fero' ou 'salvaxe'.

Exemplos *

“De alí a dous meses a neve cubriría os cumes, o xeo crebaría as rochas e os anacos despenaríanse en murias ladeira abaixo ata detérense contra as xestas ou nun prado lamaguento, interrompendo por un só segundo o cantaruxar dos regatos entre a herba e a bosta dos cabalos bravos.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

“Os habitantes da pequena aldea do val liscaran despois da quebra e xa non había a quen vender. Perdéronse as alvarizas, as viñas das caeiras e os pexegueiros entre toxos bravos.” (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.