Aro de adorno que se axusta arredor do pulso.
Etimoloxía
É un derivado de brazo, que nos chegou do latín bracchium, -ii, tomado do grego.
Exemplos *
“E no tal estoxo non levaba diademas, nin colares, nin aneis, nin brazaletes, nin elegantes adornos de corte …” (Teresa Moure: Herba moura)
“… quen é esa rapaza con brazaletes de cunchas, queren que a merques co sal.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.