breakdance

Baile urbano nacido nos barrios neoiorquinos nos anos setenta unido ao estilo musical do rap e que se caracteriza polos seus movementos rápidos, ximnásticos, imitacións robóticas e posturas conxelada

Etimoloxía

Palabra de orixe inglesa.

Exemplos *

“E despois... teatro, breakdance, unha timba poética, música e o prato forte: a proxección do documentario Douro, Faina Fluvial, o primeiro que dirixiu Manoel Oliveira.” (Beti Vázquez: Nós, diario, 13-2-2014)

“Na decadente estación de buses, rapaces armados cun megaradiocassette (...), comezaban a dar pases de breakdance perante a atónita ollada dos paisanos que collían o coche de liña para o Deza ou o Salnés.” (Xurxo Ayán: Galicia Confidencial, 31-10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.