Monte ou terreo poboado de breixos
Etimoloxía
Termo formado sobre estoutra palabra “breixo” que procede do celta *vroiceus que remite a *vroicos de significado semellante.
Exemplos *
“O río incrementou o caudal e a auga acabada de caer descende polas ladeiras formando multitude de regatos que discorren entre as breixeiras. O día recobra a luminosidade.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)
“O traballo do CSIC destaca que o cabalo galego de monte contribúe á conservación das breixeiras. Ademais esta raza autóctona reduce o risco de incendios forestais e permite a presenza de lobos onde as presas silvestres son escasas.” (AA.VV.: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.