bretón

Lingua celta da rama britónica falada na Bretaña (Francia)

Etimoloxía

Palabra que procede da latina brittone ‘relativo aos bretóns’.

Exemplos *

“Así, seguindo o exemplo do presentador en gaélico escocés nacido no Paquistán, Ali Abbasi, comecei por ensinar en bretón nas escolas Diwan antes de seguir a miña rota até estoutra Fisterra onde levo morando e militando desde hai case cinco lustros.” (Robert Neal Baxter: Luzes, 06-2016)

“...esta norma coloca o galego moi por debaixo das posibilidades educativas que teñen por exemplo as linguas que no Estado francés nin tan sequera contan con recoñecemento oficial, como o vasco, o catalán ou o bretón.” (Carlos Callón: Galicia Hoxe, 15-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.