breviario

Libro que contén o esencial ou o resumo dunha materia que está contida noutro máis extenso.

Etimoloxía

Palabra de orixe latina breviarium, –i que significaba 'sumario', 'resumo' ou 'compendio'.

Exemplos *

"Pediulle ó tendeiro que lle vendese un daqueles breviarios." (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón)

"A pasos decididos, paralelamente á varanda de mármore vello, camiñaba don Valentín Valente, lendo o seu breviario." (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí