brincadeira

Diversión, broma, pasatempo, leria

Etimoloxía

Derivado sobre “brincar” que, á súa vez, remite a “brinco” que chega desde o latín clásico vinculum que significaba ‘atadura’.

Exemplos *

“E como nas malas películas, os dous rin mirando un para o outro, coma se o inspector viñese de ceibar a brincadeira máis cómica do mundo.” (Francisco Castro: O corazón da Branca de Neve, 2013)

“O único recreo que me permito é a brincadeira co Ney, o meu cocker trigueiro de ollos amantísimos, e unha fecha de resolio a base de café e anisete.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / O beneficio eclesiástico e outros problemas gravísimos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.