Acción de brindar en honor ou polo éxito de algo ou alguén expresando algún desexo no seu favor.
Etimoloxía
Chega desde o francés brinde pero este é a adaptación de expresión teutoa ich bring dir's 'bebo por ti'.
Exemplos *
"Mentres, Rose foi pola botella de viño tinto, para axudar, para principiar co rito do brinde e dos mellores desexos." (Xavier Queipo: Papaventos)
"A cea, coas tradicionais panxoliñas do Nadal, o correr do champaña rebordando en brindes pola prosperidade de cada unha e do barrio en xeral." (Sabino Torres: As tres columnas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.