broa

Pan de millo

Etimoloxía

Voz que procede do termo prerromano *boruna ‘pan’.

Exemplos *

“Mentres un dos mozos da servidume se encarga de levar as monturas á corte, outro bríndanos un pouco de broa e algo de compango e acompáñanos a un cuarto amplo para que poidamos durmir.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

“Mentres el fumaba, eu roía unha codia de broa e moi animoso contemplaba o peixe que xa tíñamos na bancada.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.