broca

Barra de ferro ou aceiro en espiral, que se emprega para facer buracos dándolle un movemento circular.

Etimoloxía

Considérase que ten orixe céltica, de onde se tomou co sentido de ‘saínte, aguzado’.

Exemplos *

“… o mellor negocio era o das brocas, os martelos, as billas, as cadeas de todos os tamaños, os superglúes, as cercas…, enfeitizábao todo o que se pode atopar, sen ningún tipo de orde lóxica, neses vellos expositores …” (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión)

“Mantívose ergueito ata que sentiu como unha dor aguda lle furaba no peito como se lle metesen unha broca fervente.” (Joaquim Fariña: Blues para un asasino. First we take Manhattan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.