Adorno, de diversas formas e materiais, que se prende na roupa.
Etimoloxía
Tomámolo do francés broche, para o que se propón un étimo latino brocca, derivado do adxectivo broccus ou brocchus ‘saínte’.
Exemplos *
“Á muller atractiva que aínda é quédalle moi elegante o broche, madía leva …” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
“… encontramos entre as súas cousas, nun sobre que contiña precisamente este broche, a copia dunha carta dirixida ao seu irmán, Gregorio.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.