bromatoloxía

Ciencia que estuda os alimentos e a nutrición.

Etimoloxía

A súa orixe está no grego broma, -atos ‘alimento’, ao que se lle engadiu loxía ‘ciencia’.

Exemplos *

“Mais que desde os principios da bromatoloxía, a alimentación é xulgada polos efectos gustativos e de apetencia que xera no doente.” (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)

“… des que a doutora Angustias Polo o iniciara nas virtudes da Dieta Mediterránea, lera grosos volumes sobre bromatoloxía e nutrición.” (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.