Que é moi amigo de facer bromas e da diversión
Etimoloxía
Voz derivada sobre “broma” que nos leva ao grego brôma 'comida'.
Exemplos *
“Sen dúbida, viñan da porta e baixou a correr para, desta vez, ser el quen sorprendese o bromista.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)
“Como falabamos baixo e camiñabamos a grandes pasos titubeantes no medio do fusco, pareciamos mozos que volven bébedos dunha festa da aldea ou bromistas preparando unha canallada.” (Miguel Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.