Cada un dos dous condutos que parten da traquea e penetran no interior dos pulmóns, onde se ramifican.
Etimoloxía
Recóllese do latín bronchium e este bebe do grego brónkhion de significado semellante ao actual.
Exemplos *
"Ademais, deu en chover outra vez, esa chuvia de Santiago que se mete nos bronquios e vas coma un anfibio." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
"Fumou o primeiro cigarro do día, que lle provocou unha tose nerviosa e que lle fixo estoura-los bronquios" (Ramiro Fonte: As regras do xogo. Dez relatos en xénero negro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.