Dinosauro herbívoro de gran tamaño, de cabeza pequena, pescozo longo e flexible, tronco voluminoso, patas rematadas en cinco dedos e cola longa, que viviu no xurásico superior.
Etimoloxía
Para crear esta palabra utilizouse o elemento grego brontes 'estrondo' e sauros 'lagarto'.
Exemplos *
"As árbores petaban no ceo, as vacas semellaban brontosauros, os camiños non tiñan fin e os nosos pais posuían forza hercúlea e sabedoría omnisciente." (J.L. Sucasas: O Xornal de Galicia 10-11-2010)
"… Brontosaurus (animal semiacuático, lento por ter que manter o equilibrio)" (A Nosa Terra 09-09-1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.