Boi ou outro animal emite a súa voz
Etimoloxía
Crese que pode ser unha voz onomatopeica, aínda que Corominas sinala unha posible relación co termo francés bruire que é un cruzamento da voz latina rugire ‘ruxir’ e estoutra bragire.
Exemplos *
“Toda esa música que semellaba perdida no rodicio do tempo e que se aparece agora mentres mantén os ollos pechados neste silencio acubillado no xordo, monótono e solemne murmurio do mar, ou bruar de boi manso, tan próximo, tan íntimo e identificable.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“Díaz e Varela presenciaran todo dende o cume do Castrovite a dous Km. de distancia. Viron o incendio, ouviron os tiros e incluso sentiron o bruar das vacas na corte.” (Ramón de Valenzuela Otero: Non agardei por ninguén, 1957)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.