bruído

Son que produce o vento cando sopra forte ou o mar cando está bravo

Etimoloxía

Substantivación do participio pasado do verbo “bruar” que ten unha orixe onomatopeica.

Exemplos *

“O vento tolo do sur aínda corría esvarando pola ribeira arriba para varrer aquel cumio esparavanado onde non queren medrar as árbores, levando chuvascadas, bafos ensalitrados, bátegas ferintes, recendos de oucas e zoando nas miñas orellas un bruído enxordecedor de escumas e abaleos de toxos.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

“O mariño, desde outra galería inmediata, axexouna e admirouse de novo de que un ser tan belo pasase a noite ao fresco, transido polo bruído do mar.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.