bruma

Néboa pouco espesa, especialmente a que se forma no mar

Etimoloxía

A palabra procede do latín bruma 'solsticio de inverno'.

Exemplos *

“Esta bruma ou néboa seica é habitual nunha terra tan metida no océano coma esta, e polo xeral aparece no momento máis inesperado, particularmente despois dun calmuzo tan abafante como o que tiveramos o día anterior.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Despois do amencer, cando o sol resgaba a cálida bruma da mañá coma un incendio distante, Paco Louro abriu a xanela do seu cuarto para gozar do arrecendo mariño que preñaba aqueles primeiros intres do día.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.