brutalidade

Acto violento

Etimoloxía

Palabra derivada sobre a palabra “brutal” que, á súa vez, bebe do latín tardío brutalis ‘que é bruto’.

Exemplos *

“Atacar hospitais (...). Destrúe os últimos escintileos de humanidade no medio da brutalidade da guerra, onde, inspirado pola ética médica, o persoal médico trata de aliviar o sufrimento dos seres humanos, sen importar quen son.” (David Noguera: Luzes, 8, 11-2016)

“No fondo non cambiei: continúo sentíndome incompatible coa inxustiza, sinto o mesmo impulso de protesta diante das brutalidades.” (Irma Amado: VII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico / Suite en tres movementos para unha época de noxo, carraxe e indignación, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.