bufanda

Peza de roupa feita dunha tira de tea ou de la tecida, que se pon ao redor do pescozo para abrigalo.

Etimoloxía

Chega do francés antigo bouffante, que deriva do verbo bouffer 'soprar'.

Exemplos *

"Abrigábase cunha chaqueta de grosa la azul e unha bufanda de cadros." (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios)

"Un gorro ruso e unha bufanda anoada ao pescazo protéxenme do frío luminoso que respira todo ese manto branco que borrou a vexetación e as casas." (Antón Coello Riveiro: Casas baratas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.