Expulsar aire polo nariz, polo fociño ou pola boca con forza e facendo ruído
Etimoloxía
Palabra que se crea mediante a imitación do son que fai o propio gato ao bufar.
Exemplos *
“Nunha ocasión, así e todo, ao se ver acurralada, a gata, con mostras impresionantes de arrepío, principiou a bufar e fixou en Brandariz unha mirada de fereza tal que o porteiro tivo que recuar de inmediato.” (Camilo Gonsar: Arredor do non / A gata sobre o tellado de uralita, 1995)
“Os gatos da fame e do axexo voaron axiña, coma alustros, por enriba dos muros. Escoitábanse bufar na pelexa polos bocados.” (Xosé Vázquez Pintor: Mar de bronce, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


