bufarda

Pequena abertura na parede ou no teito dunha casa para dar luz, para ventilar ou para saír ao tellado.

Etimoloxía

Suponse que é unha creación sobre o verbo bufar e este sobre unha voz onomatopeica.

Exemplos *

"…a bufarda da vosa estancia tornaría en maxestoso balcón labrado en pedra polo que cortexar con maior comodidade." (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado)

"Agora a pequena bufarda permitía a entrada do ar: ar novo." (Xavier Manteiga: Morrer na herba)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.