bufón

Personaxe ou actor que, nun pazo, estaba encargado de divertir e facer rir aos reis, nobres e cortesáns

Etimoloxía

Préstamo procedente do italiano buffone co mesmo significado que o actual.

Exemplos *

“Entra un bufón que leva pucha e axóuxeres, trae unhas mazás e comeza a facer xogos malabares.” (Lola González/ Bruno Bernardo: Primeiro Concurso de Obras Teatrais Inéditas "Camiño de Santiago", 1995)

“Un bufón chepudo, de vermellas vestiduras, facía viravoltas diante do monarca.” (Lois Fernández Marcos: Galaxia lonxana/ Danisa, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.