Rúa moi larga e longa, xeralmente con árbores nas marxes.
Etimoloxía
Procede do francés boulevard, probablemente tomado do holandés bolwerc 'bastión'.
Exemplos *
"A rúa era un bulevar de brétema e de asfalto perdéndose no horizonte dunha cidade ignorada." (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)
"Nos bulevares, os vellos tornarán á luz e buscarán o sol que pousou nos bancos, nas pedras vellas ou nos cristais dos coches …" (Alfredo Conde: Memoria de Noa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.