Terreo onde nace ou se acumula auga e no que se forma lama.
Etimoloxía
A orixe deste termo remóntase ao verbo latino bullire 'ferver', creado sobre bulla 'burbulla'.
Exemplos *
"… os encontros facíanse máis sañudos e crueis, e os laídos de dor arrepiaban as calugas, e a terra ensanguentada volvíase bulleiro." (Darío Xohán Cabana: Morte de rei)
"Porque naquel bulleiro patinaba o seiscentos, na bosta do bulleiro patinaba o seiscentos e púñase perdido …" (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


