Castaña asada e xeralmente sen casca.
Etimoloxía
Relaciónase con 'bullote', probablemente do latín botullum 'tripa'.
Exemplos *
"As castañas tanto asadas "bullós" coma cocidas comíanse acompañadas de leite." (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel)
"Tradicionalmente, tamén se asaban os bullós nas lareiras das casas, nos tixolos pendurados da gramalleira mentres os comensais contaban historias reais ou fantásticas, lendas, chistes…" (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.