bulló

Castaña asada e, xeralmente, sen casca.

Etimoloxía

Relaciónase con 'bullote', probablemente do latín botulum ‘tripa’.

Exemplos *

“Outra revolve o tixolo, que está na garamalleira, para non deixar que se queimen os bullós coa labareda.” (José Treguerras Melo: Sueños y realidades. Esbozo poético)
      
“Eu, que levaba unhos días de pouco rir á mor da miña estralei coma un bulló no tixolo.” (Francisco Barxa Iglesias: Andadas do Xan Cativo)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí