Castaña
Etimoloxía
Pénsase que é un derivado creado sobre “bulló” ‘castaña asada’.
Exemplos *
“O poder da xuventude, a ansia de esgazar os misterios da vida, a necesidade imperiosa de amosarse, todo conspira para que un simple magosto sexa algo máis. Escóitanse sons da Nova Trova Cubana, ardidas discusións políticas, e ninguén repara na calidade dos bullotes que eles trouxeron de Ourense.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)
“Caíulle un bullote e prendeulle na amata e naceu un castiñeiro de máis de cen varas.” (Laureano Prieto: Contos vianeses, 1958)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.